venres, 1 de setembro de 2017

Epitafio?


Palabra curiosa. De procedencia grega, que se coloca ao lado dunha tumba, sepulcro ou lápida. Curiosa, non polo seu significado, coñecido pola humanidade, senón polo libre uso que fan dela.
En fin, non é o caso pórse agora a divagar sobre iso. Xa é destempo pasado.
Recibes todo, todo, todo o bo que che poden ofrecer e... de súpeto, ante un "non podo", "éme imposible"... pechan furnas, portas e buracos.
Hai que ver... os mestres da empatía non a practican. Farta me teñen... farta de tanta perfección para dunha soa labazada... tras! Rachar...
Que doado!