xoves, 5 de agosto de 2021

Querer...

 

Quixera estar á marxe. Desaparecer na bruma da ría ao mencer.

Quixera non estar, pasar desapercibida como unha nota musical mal xestionada nas cordas dunha guitarra ou no teclado dun piano.

Quixera estar á marxe. Desaparecer na tensión do amor verdadeiro que se fai efémero, como flor de pensamento que leva o vento.

Quixera pasar por alto que existo. Cerciorarme de que o aire que respiro é ben.

Quixera que os humidais das miñas bágoas verdeais conxelasen co sorriso estraño dos latexos dun estraño.

Mentres isto ocorre, o grolo do viño branco faise sucedáneo na miña gorxa e relaxa o espírito.