Pensa unha data e calcula o tempo que o pasaches ben e fuches feliz.
Se xa está, lémbraa como algo tan marabilloso que che faga esquecer todo o materialismo que rodea a túa vida.
Fai tantas veces esta tarefa como necesite o corpo ou a mente... sen máis.
Iso si, ri todo o que poidas para corroborar que non todo o mundo é tan ruín e que
aínda hai xente que é doce e transmite cariño polos poros da pel.
Lémbrate disto.
Sé feliz.
Non lle deas máis voltas.
